Para que podas usar a película dun xeito máis efectivo pensa nisto:
- En que contexto se vai facer a proxección?
- Cal é o obxectivo do evento?
- A que público vai dirixido?
- Onde a ides pasar? Qué medios de proxección tedes?
- Vai haber debate posterior?
- Como ides promocionar o evento?
- Haberá debate?
Se decidides facer un pase do documental que inclúa un debate posterior podedes probar a falar de:
- Educación e memoria histórica
- A xuventude como relevo
- Participación social
- Memoria histórica vs actualidade
- Dereitos humanos
Podedes convidar a alguén que o presente (5 minutos máximo) pode ser alguén que convoque a rapaces e rapazas.
Podedes contar coa presencia do director ou dalgún protagonista.
Convocade a outras asociacións ou organizaciónns sociais participativas.
Promocionade o evento, convocade por mail e en redes sociais. Nós tamén cubrimos nas nosas redes as vosas presentación, na web, (a colocamos no mapa) en Facebook e Twitter.
Solicítanos o modelo de cartel para o evento e volo enviamos para que poidades imprimilo e pegalo onde queirades, o modelo de invitación por mail ou o modelo de “flyer” para imprimir.
Tamén podes descargar o cartafol de prensa.
Só tes que enviar o formulario cuberto e nós adaptamos as condicións ao tipo de presentación que nos propoñas.
Unha vez fagas a proxección nos gustaría que nos enviaras algunha foto do evento para poñela na nosa galería de presentacións.